Ecuador en San Marcos

Agora que chegamos ao ecuador do mandato na Deputación Provincial, chegan rumores de movementos no goberno. O que pasa é que, tal e como están as cousas, cun goberno non amigo na Xunta, igual non é bo momento de andar con cambios. Este segundo aniversario, por certo, está a pasar inadvertido, aínda que esta semana que comeza vai haber algunha rolda de prensa sobre o tema.

E como escribo isto xusto despois de que me sobraran 1.200 carácteres na crónica do domingo, non me resisto a recuperar, traducido, algo que eliminei porque “as pólas non son de goma” (unha expresión dos vellos tipógrafos: as pólas eran as caixas onde se metían os carácteres):

As famosas (e moitas veces incendiarias) roldas de prensa dos venres de Francisco Cacharro foron un invento do último período do seu mandato. Agora, segue a haber cada venres unha cita informativa en San Marcos, pero xa non teñen tanta chicha. No cacharrismo, podiamos forzar sen dificultade un titular de primeira plana; agora, ás veces é difícil atopar un titular interior. Poderíase pensar que, xa que a xestión se publicita máis de cotío, as roldas de prensa das xuntas de goberno dos venres son de trámite, como ocorre en moitos gobernos, pero a oposición non ve tanta xestión como parece.

Ía ser o cuarto parágrafo, pero, insisto, as pólas non son de goma.

Tags: ,

Comenta

*