Caraveis para a rosa

logo do psoeOs socialistas galegos escolleron un día significativo para celebrar o congreso extraordinario que vai unxir ao sucesor de Pérez Touriño: o 25 de abril. Pero non creo que o partido da rosa vaia facer unha revolución como a dos caraveis portuguesa, senón todo o contrario. O venres, Antonio Riva apuntaba nos seus Susurros que o sucesor in pectore, Manuel Vázquez, está chamado a prepararlle o camiño a un lugués. Non sei se apunta a Xosé Blanco, como din algúns rumores, o a Xosé Ramón Gómez Besteiro, como apuntan outros. Dende logo, non a Xesús Otero, a quen algúns querían como relevo de López Orozco na alcaldía de Lugo. Outra cousa é se sae indemne da trama das multas, que por agora os únicos que o xulgaron non foron os xuíces, senón algúns posteadores (palabra que non vén de posta, senón de post) de Galiciaé e Elprogreso.es.

Antes, a comezos de abril, o partido terá que elixir un voceiro parlamentario, que pode ser o próximo secretario xeral ou non. Se non coinciden, é de supoñer que o elixido voceiro a comezos de mes deixaralle o posto ao novo xefe. E despois hai outro labor importante, que é prepararse para as europeas, esas eleccións que interesan tan pouco en España, agás aos políticos, e máis en tempos de Crise.

Tags: , , ,

23 Comentarios a “Caraveis para a rosa”

  1. eliberal

    Pouco poden facer os socialistas por corrixir a desfeita se continúan coa venda diante dos ollos. ¿A que non saben que dirixente socialista vai a recibir unha automedalla outorgada por un sindicato afecto? Pois si, señores si: Nada máis e nada menos que Lara Méndez galardonada por UXT.

    Despois da debacle electoral do seu partido en Cervo, a sangría na perda de votos na Mariña, e o tortazo molumental de Galicia resulta que non teñen outra que impoñerse medallas así mesmos. ¿Pero de verdade teñen algo que celebrar? Estan… encantados de terse coñecido. E son incapaces de facer autocrítica despois da derrota.

Comenta

*