Un ministro en Lugo

A miña memoria sorpréndeme ás veces coas cousas máis inesperadas. Este luns, cando vin o nome e a cara do novo ministro de Xustiza, pensei: “Este home sóame”. E unha consulta no arquivo do xornal este martes confirmoumo: si, Francisco Caamaño estivo en Lugo e eu estaba alí. E quen o invitou foi alguén do PP: o seu tocallo Cacharro.

Fora o 28 de setembro de 2005, no marco dos segundos Encontros Nacionais de Administración Local, unhas xornadas políticas de moitísima altura. Tres voceiros parlamentarios galegos debateran sobre o novo Estatuto, do que xa se estaba a falar, e os catro presidentes das deputacións (nunha das últimas veces en que coincidiron en Lugo) defenderon a existencia destes organismos provinciais. Caamaño abrira a última sesión moderando, precisamente, o debate das deputacións, pero tivo que marchar porque debía estar en Madrid a primeira hora da tarde. Nos dez minutos que moderou, o agora novo ministro, daquela secretario de Relacións coas Cortes, recordou que a Constitución protexe a existencia das deputacións.

Tags: , ,

Comenta

*