Máis sobre as maletas

Vou sabendo algo máis do coñecidísimo político galego ao que a muller lle puxo as maletas na porta. Segundo parece, o home xa está emparellado cunha funcionaria da Xunta en Santiago (segundo outras fontes, é unha muller que ocupa un altísimo cargo). Como hai prole polo medio, os novos noivos xa fixeron algunha xestión (colexios, parques infantís…) para cando queden a cargo dos nenos da anterior relación.

Insisto: non, non é de Lugo.

20 Comentarios a “Máis sobre as maletas”

  1. Manoel

    ¡Ai, Vaqueiro, Vaqueiro…! Deixa que fagan o que queiran, cando queiran e como queiran. Acabarás dando a totalidade dos datos e terás un conflicto coas revistas rosas. E estarache ben, por pisar terreos alleos e por entrar na intimidade das persoas. ¿ Ou móveste por apupar a algún poítico en detrimeto doutro ?
    Saúdos.

  2. LADAIRO

    Vaqueiro: o home das maletas é un famoso político galego, o nome empeza por A e o apelido empeza por Q. A profesión de iste home é enfermeiro…

Comenta

*