Por que de Lugo?

Raquel Arias saúda a Núñez Feijoo (Foto: Pepe Álvez)Chámame un destacado concelleiro do PP todo alporizado polo que se está a escribir estes días sobre a candidatura de Raquel Arias (na foto, bicando a Núñez Feijoo no acto de presentación da candidatura). O meu interlocutor dime que non lle importa saír citado polo seu nome, pero prefiro non facelo porque correría o risco de que alguén personalizara o tema.

A súa queixa é porque un dos supostos deméritos da candidatura de Arias como número un do PP é, segundo os críticos, que non é de Lugo cidade. O meu comunicante pregúntase: Imos ver, cantos habitantes ten Lugo provincia? 350.000. Cantos ten Lugo cidade? Uns 95.000. “Entón, se Lugo ten só un terzo da poboación, por que o candidato ten que ser forzosamente da capital?” No partido din que porque é a agrupación local máis poderosa ou con máis afiliados, aínda que teño que recoñecerlle ao meu interlocutor que é certo, que o PP tamén incorre nun defecto moi lugués (e sei que me van berrar algúns capitalinos de pro): o embiguismo.

O certo é que a candidatura de Arias caeu mellor no resto da provincia que na capital, non porque Xaime Castiñeira estea peor visto, que non, senón por aquilo de recoñecer (aínda que é un secreto a voces que esa non foi a verdadeira razón da candidatura) o traballo dos concelleiros, afiliados ou simpatizantes de fóra da capital. Terei que recordar aquí que hai zonas de Lugo onde, tradicionalmente, non sempre é ben visto o que vén da aldea grande, que é como a chaman na Mariña ou na ourensá Monforte.

E, por certo, agás erro ou alzheimer, creo que a candidatura do PP é a única da provincia nestas eleccións que non está aberta por un habitante da capital.

Tags: , ,

2 Comentarios a “Por que de Lugo?”

  1. undelugo

    O destacado concelleiro sospeito que é da Mariña, pero é o mesmo. Verás Vaqueiro, o asunto é outro. Lugo capital é un tercio da poboación, pero se defende que “o resto da provincia” prefire a unha persona de Sober, simplemente nón é certo.
    Non amoles, os de Friol queren á súa, debe ser máis menos como Navarra cos seus privilexios.
    Os de Sarria, que si se creen o embigo, quererían de o un fose dalí. Os da Mariña, por ser unha “cidade lineal” queren que sexa dalí tamén.
    Vamos que confrontar os posibles votos de Lugo capital co resto da provincia é un xeito de facelo un tanto erróneo. Esto non é un partido de fútbol de “amigos de Ronaldinho” contra “amigos de Messi”, é algo máis serio.
    É máis propoó que o próximo presidente da asociación de clubes de fútbol sexa da Ponferradina, home xa sei que por peso tería que ser do Madrid, que é o que máis simpatizantes tén. Pero se se unen o resto de tódolos clubes teñen máis. O argumento é bó ¿nonsí?
    En Lugo se xoga moito o PP, é onde nos xogamos manternos ou baixar, e eso o sabe ata o destacado concelleiro que te chamou. O único que non o sabe é Feijóo, mágoa que se teña que enterar o día 1 de marzo.
    E por certo, con esa argumentación de tanto nivel ¿non teríamos que levar de tres a alguén de Bos Aires?
    Saúdos para ti, para o concelleiro e para os lectores.

Comenta

*