As propostas do PSOE

Volvendo ao da confección das listas, resultaron moi curiosas algunhas das propostas saídas das asembleas locais do PSOE. Cada quen tirou para a casa, fora esta a mesma localidade ou a mesma comarca. É o caso de Friol, onde sitúan ao seu voceiro local, Pedro Martín Minguela, xusto despois das catro “primeiras espadas” do partido na provincia (ou sexa, Ricardo Varela, Ismael Rego, Xosé Tomé e Miguel Anxo Fernández). E en Vilalba semellou rexurdir o conflito habido coa vitoria de Eduardo Vidal Baamonde no congreso local, pois o sector crítico rexeita que se inclúa a Sonia Verdes, unha muller que ten moito predicamento nas cúpulas provincial e rexional do partido.

Pero o máis curioso de todo isto é o escaso respecto pola paridade electoral que se detecta nalgunhas propostas locais. Non me estraña que tiveran problemas en Lugo para meter mulleres nas candidaturas.  Aínda que xa se sabe, unha cousa é a paridade nas listas; outra, o resultado e unha terceira, como queda finalmente o Parlamento despois de relevos, cesamentos e outras variacións.

Tags: , , , ,

2 Comentarios a “As propostas do PSOE”

  1. Annibal

    Pregunte Sr. Vaquerio, pregunte, seique na de Becerreá saltaban chispas cos dous sectores, oficialistas con Manuel Martinez a cabeza, e criticos co ex secretario xeral Carlos Pereira. Todos calan, non lles interesa dar publicidade os roces continuos entre os distintos sectores, sendo dende fai tempo un segredo a voces, eles negano.
    Seique se presentaron duaslistas, unha oficialista polo rexidor, e outra polo sector critico .
    Coincidiron en Ricardo Varela de primeiro, pero o conflicto debeu xurdir nos seguintes . O final dando falsas mostras de unidade, xuntaron as duas, e en paz, por agora.

  2. Lupe

    Outra proposta do PSOE:
    Orozco llama a los emigrantes a votar incluso con documentos caducados

    Sobran comentarios

Comenta

*