Lage, apestado?

Velaquí esta foto, das seis da tarde do 18 de novembro. Fíxose no hotel Méndez Núñez de Lugo, no acto conmemorativo dos noventa anos da Asembleia Nazonalista das Irmandades da Fala.

Acto de Quintana no Méndez Núñez

E velaquí esta outra, tomada dúas horas despois no salón de actos da Deputación, nunha conferencia de Francisco Rodríguez sobre o mesmo tema.

Acto de Francisco Rodríguez na Deputación

Detectan algunha semellanza entre as dúas fotos? Que habilidade terá Xosé Anxo Lage, voceiro do BNG no Concello de Lugo, para se sentar sempre a carón dunha cadeira baleira? E mira que no acto do Méndez había ben de xente de pé.

Outros, que conste, interpretarán isto como a demostración de que este home está de capa caída no BNG. Non sei se crelo.

Tags: ,

35 Comentarios a “Lage, apestado?”

  1. xaquelogo

    Si o teu escrito estivera nunha categoria de humor a min ocurrenseme mais posibilidades

    1 Esta agardando ao fantasma de Orozco
    2 Ten un moza invisible
    3 Como e o maximo responsable do BNG no Concello, os oradores Quintana ou Rodriguez, agardan sentados a que alguen faga as presentacions o seu caron.

    O que escolla a 3 pero quera deixar un tufillo, sempre pode dicir que estes bloqueiros, os oradores, non son quen de estar en dous sitios o mesmo tempo, ou son capaces, pero por deixar so a Laxe non saben xa que facer.

  2. Lupe

    Cae de caixón. Aí sentaba o intervinte. A opinión para darlle ese título podela ter, pero buscarlle argumento nesas fotos….

  3. marcos

    A U en Lugo, e bastantes “persoeiros” ou “personaxes” dos que aparecen na fotografía tenvos unha máxima do espíritu deportivo: o importante non é gañar senón participar; traducindo: aínda que cada vez temos nas listas persoas que non teñen ningún tirón social e máis ben deixan no camiño a centos de simpatizantes do BNG, non importa se poñemos nas listas a persoas fieis aos catro acólitos da U. Parabéns pola deportividade. O Psoe e o PP agradécenvolo infinitamente.

  4. admin

    Xúrovos, xaquelogo e Lupe, que non caera niso do intervinte. Cenquius.

  5. MARIA

    LAGE E UN CABALEIRO E CALQUERA SE SENTARIA O SEU CARON .OS APESTADOS SON OS FACHAS DA U QUE CADA DIA SE SEMELLAN MAIS A DEREITA MAIS NOXENTA.POBRE BLOQUE NAS SÚAS MANS .

  6. una pesada

    Ten moitas mans o bloque, téntaculos diria eu.Son unha familia con coitelos afiados o redor dunha mesa calquera domingo o día festivo, un verdadeiro perigro.
    Sino que lle pregunten a vicepresidenta terceira da deputación de lugo, Mª xósé Vega. Os antóns por un lado , ela por outro, menudo girigay teñen armado. Cóntame as malas linguas que eles queren facela desaparecer, e nada menos que van contratar un mago de prestixio nacional (cousa curiosa ,creo que tamén chamase Antón) para tal menester. Por certo, non sei se serán cousas da maxia, pero a carón de eles medra a xente que fai moi pouquiño tempo tiraba do teto do P.P. Menos mal que contan cun bon “árbitro” para organizar todo o cotarro que teñen montado no servizo de cultura e deportes ¿non e así, señor Abel?.Teña coidado no vaia teminar vostede lesionado antes do remate do partido, sería unha verdadera magoa. Por certo, ¿algén pódeme contar a extensa e longa traxectoria cultural da nova directora do museo?.E que eu debo ser moi ignorante e no nome desta señora non me soa de nada.Dísculpas, xa me estou extendendo demais, en verdade son unha pesada. Pero deixenme que lles faga unha última pregunta:¿Non había mobles suficientemente bos no pazo de San Marcos que o señor Bao tivo que ir mercalos a tenda de deseño mais cara de Lugo?. E que eso de ter un bon despachiño gústalle a todos, e que o chofer nos abra a porta do coche e nos cobije con un paraugas mas ainda. Pero coidado Don Antón, e vostede baixiño e diante de pazo hai moitos charcos; coídese de non afogar nun deles. Un bico. Abur.

  7. Xosé Lois

    Señor Vaqueiro,
    sigo con atención o seu blog e non me gustou nada ver a manipulación que fai vostede en base a esas imáxenes. Parece claro que a cousa cambia se na foto do Méndez Nuñez coloca vostede a foto de Laxe sentado ao lado de Quintana, que por certo era a colocación real. A súa análise cambiaría ao cento por cento, non sí? Claro que o titular xa non podería dar carnaza. Aproveitou vostede o momento en que Quintana se levanta para elaborar un razonamento fondamente errado.
    Eu non vou dubidar da súa intención, pero de vez en cando non estaría mal que o seu blog tamén servise para rectificar e poñer as cousas no seu sitio. Non sei se o ataque ao BNG e, polo tanto, aos seus compoñentes, é estratéxico ou casual, pero en todo caso, seguro que encontrará vostede argumentos verdadeiros para facelo funxindo de manipulacións.
    Saudos.

Comenta

*