Unhas aclaracións

De cando en vez, convén facer repaso a algún tema que quedou pendente ou responder a algún comentario.

Por exemplo, a aivai e Fanjul Segundo voulles ter que recordar que os seus tochos non hai quen os lea, á parte de que non sei que teñen que ver co tema.

A X. M. Becerra (un pracer verte por aquí) aclárolle que tamén Lugo asinou a súa entrada no Consorcio de Servizos Sociais, e xa ves a que ten montada. No caso de Pedrafita, o tema é a residencia de anciáns, que o Concello foi facendo a poucos, collendo subvencionciñas duns e doutros e que está a piques de rematar.

No da Uned, esquecinme doutro nome coñecido no claustro, Ángela Galván, a xuíza que se fixo famosa en Lugo polo seu cruce de cartas con Francisco Cacharro a conta daquilo que se chamou Operación Muralla.

Ah, e no das pintadas, atopei unha mellor: uns versos de Apollinaire nun muro da Tinería, preto da Ruanova. Que bonito é o amor!

Tags: , ,

Comenta

*