Políticos e cregos

O 'funeral' de 'Los muertos van deprisa'

Estes días vin na TVG un tráiler de Los muertos van deprisa, a película que Ángel de la Cruz rodou por etapas en Ribadeo. E chámame a atención ver ao comunista, descreído e anticlerical Delmiro de Padre Casares facendo neste filme, precisamente, de crego. No tráiler vese que Delmiro, ou sexa, Antonio Durán, ten curiosos compañeiros de oficio: o actual e o anterior alcaldes de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez e o socialista Balbino Pérez Vacas, respectivamente. Os dous fan tamén de sacerdotes. Á vista de que Balbino foi en tempos concelleiro do Bloque, non sei se facer un chiste sobre as conexións entre o BNG e a Igrexa.

Tags: ,

Un comentario a “Políticos e cregos”

  1. marcos

    Creo que a foto do alcaldiño de Ribadeo é perfecta. Sentín vergoña allea este ano cando dixo que estaba orgulloso de facer a ofrenda á virxe na festa dos Remedios en Mondoñedo, con desfile da garda civil incluído. Esta celebración empregouse durante anos para commemorar o triunfo das tropas franquistas sobre os roxos, e agora vén este curiña a dicir que está orgulloso e ademais a pedirlle á virxe dos Remedios infraestructuras para a comarca. É un escándalo, os galegos non nos merecemos alcaldes e gobernantes tan patéticos.

Comenta

*