A neta de Noriega

Presentación de Aurelia Balseiro (Foto: Sebas Senande)

Na última foto de Aurelia Balseiro que nos sae no arquivo, a nova directora do Museo Provincial de Lugo aparece a carón da presidenta de El Progreso como membro do xurado dos premios Muralla de debuxo e relato infantil. Representara á Deputación como técnico da área de Cultura, na que traballaba. O noso arquivo fotográfico tamén dá conta do seu labor investigador e ensaístico. Aínda que o máis curioso que aparece no arquivo é a súa relación cun dos grandes da literatura luguesa, Antonio Noriega Varela: o home de Aurelia é neto do autor de Do ermo.

De Cultura houbo moita xente nese almorzo informativo ao que nos convidaron este venres. Despois de meses de elucubracións e rumores sobre o cargo, a convocatoria chegou aos medios unhas dúas horas antes da rolda de prensa.

Teoricamente, ou iso dicía Antón Bao na entrevista que lle fixen en xullo, Balseiro non vén substituír á actual xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago. Serán complementarias. Unha ocuparase só do museo da Praza da Soidade e a outra, de todos. Sen embargo, a ausencia no almorzo de Encarna, a muller que dirixiu esta entidade e as outras tres (Tor, San Cibrao e Narla) durante os últimos anos, foi máis que clamorosa.

Tags: ,

5 Comentarios a “A neta de Noriega”

  1. CABREADO

    Vaqueiro o debate non o que ti comentas, se non porqué o BNG se esquence dos seus militantes e simpatizantes, con estudos como “a candidata” e maior experiencia, e non abre esa praza a unha oferta pública. Ate as compañías de teléfonos teñen en conta a filiación dos clientes, dan puntos para que non marches, regalan un móbil.. Os que levamos anos currando por esas siglas merecemos cando menos unha explicación. É dicir o pastel( os postos bos) vanse repartir entre os funcionarios que claro agora non son do PP, e os que levamos anos traballando para que estes hoxe estean aí que?.

  2. Alex

    A ver Anxel, aclaremonos que te vexo espeso. Que ten que ver Noriega con Aurelia?.
    Breve: Esta rapaza, da que decoñezo a sua valia persoal e o seu compromiso coa sociedade, ten un curriculo laboral que vai dende o PSOE, cando vivia en Burela e traballaba de animadora sociocultural no Concello de Cervo (Roberto Alvarez / Celia Alvarez ) ata cando cambia a decadentae nobleza de Viveiro e comeza a traballar na Deputación do PP.
    Agora o BNG, debido a escasez e as ganas de mantela, a escasez, que teñen os bloqueiros, para que naide lles pise a posibilidade de medrar

  3. Noriega

    Non me gusta este nomeamento, agora ben no é xusto que dende algún sector do” BNG non Palacio” se diga que a praza podía saír a Oferta Pública de emprego. É un posto de traballo e non é unha praza polo que non sairá “o mercado libre”.
    Outra cousa é que 10 anos de auxiliar administrativo con JC. Pulpeiro e 1 ano de Técnico en Actividades Socioculturais cheguen para motivar o nomeamento, por moito que Bao se esforce en xustificalo, vai ter que votar man da literatura.

    ¿Quen vetou a F. Arias? El si daba un Director e prestixio o Museo, pero xa se sabe, si te enfrontas a Don Luís. D….z estás fodido, .
    Por certo comparto con ALEX que andas un pouco perdido Vaqueiro.

  4. JOSEFA

    Moito falar e falar, ou diría escribir por escribir, comentar tonterías sen ter nin idea do que falan, nin de quen falan e por derriba con faltas de ortografía. Para opinar hai que coñecer, hai que indagar no curriculo desta persoa, e deixarse de chorradas de política, que se traballou con uns, que si traballou con outros, qué máis da? … o que nos interesa aquí é a súa profesionalidade e valía e sinceramente de iso está moi dotada.
    Non era Camilo José Cela o que falaba do mal dos españoles “a envidia”…
    Urra polo Bloque por facer a mellor elección.

  5. Xosefina

    Un idioma non é unha realidade estática, senón un sistema en constante proceso evolutivo, e como tal debe ser contemplado. Agora ben “JOSEFA…”, ollo coas faltas de ortografía, cometes varias, eu tamén o fago pero non disparo:

    CHORRADA* é incorrecto en galego.- Parvada ( de parvo) f.1. Feito ou dito de parvo que demostra escasa ou nula intelixencia. Sin. Animada, imbecilidade, necidade, sandez. 2. Feito ou dito sen valor, sen importancia.

    CURRICULO* Leva sinal gráfico en forma de raia que se coloca sobre algunha letra(til).

    QUÉ?* Non Leva til. Non se acentúan nas oracións directas.

    TONTERÍAS* é incorrecto en galego.- Parvadas ( de parvo)…

Comenta

*