25 de xullo

Lucía Pérez, cantante do IncioTal día como este 25 de xullo, o meu avó materno, que naceu nun pobo de infausto nome (A Escravitude, Padrón), collía pola mañanciña o tren de balde (traballaba na Renfe) e ía a Santiago, para ver o concerto das bandas o día do Apóstolo. Que eu recorde, sempre ía e volvía só.

Sempre o lembro nesta data. Agora, a xente segue a ir a Santiago, pero non para oír ás mellores bandas de Galicia, senón para facer turismo (“luxo para eles, destrución da terra para nós”, di estes días a AMI) ou por motivos políticos. Daquela, claro, cando o meu avó ía a Santiago, o 25-X non tiña compoñentes políticos. Supoño que agora, el, que viviu corenta anos co medo no corpo, asistiría abraiado ao despregamento que fan estes días os seus, os da esquerda, aínda que, se cadra, igual quedaba na casa vendo a tele.

A véspera do Apóstolo en Santiago tivo, por certo, un par de toques lugueses: por unha banda, a canción-himno dedicada a Compostela que interpretou Lucía Pérez, a cantante do Incio (velaquí a teñen, na bucólica foto de Xesús Ponte), na gala especial que conducíu Carlos Blanco, ese home que agora semella que presenta tódalas galas especiais da TVG. O outro toque foi o da fonte cibernética que colocaron no Obradoiro durante a queima da fachada da catedral. Cuspidiña á da Fonte dos Ranchos!

Tags: ,

2 Comentarios a “25 de xullo”

  1. LADAIRO

    Este Carlos Blanco é un dos famosos do NUNCA MAIS e por iso agora teñen que pagarlle os favores, igualiño que a cantante UXIA, PAULA CARBALLEIRA, e moitos mais. Por iso Vaqueiro pódeslle decir ao teu avó que agora estamos a vivir a mesma situación que nos cuarenta famosos anos dos que falas, sólo que agora vivimos na democracia do sectarismo dos que dicen que son de esquerdas pero que viven e actúan coma verdadeiros señoritos.

  2. SEito

    Hay Ladairo ¡ , que xa facía moito que non sentía os aires de Guntín por estes lares . Tes razón no que dis , creo , porque en realidade , nunca foi esquerda a vida que levaron os que hoxe viven baixo o seu letreiro , dende o “Mesiánico Lider” , que como fillo d´un Catedrático non soupo o uque e a dificultade de chegar a fin de mes nin ningunha outra , deica o “seu “Delegado” Sr.Touriño.
    Pero vivir pra ver , deica “Luar” tivo a derradeira vez que o vín , tempo pra “memoria historica” , cousa que pra min xa e moito . Ou non , porque , como lle decía a mai do neno do “Lapiz do carpinteiro” , pra sobrevivir hay que ser como os que mandan en cada momento .
    Son eso si Psoelistos , ainda que pra listas elas , que de representar a un barrio como A Agra na Coruña , po lo que nunca fixo nada , chegou a Urbanismo no Concello , que e a antesala do poder . E si por enriba fose boa moza coma a Taboas , ainda teria o seu aquel , pero coido que e extremistafeminista e marxina os homes cando pode .

Comenta

*