Vicesecretario?

As miñas fontes non me negan de plano a posibilidade de que Ricardo Varela sexa vicesecretario xeral do PSdeG, como apunta algún confidencial dixital, pero danme a entender aquilo de “vas por mal camiño”. Ou sexa, que seguirá habendo un lugués no segundo chanzo do PSOE, como en Madrid, pero non como vice, senón como secretario de Organización, como ata o de agora.

O que si está claro é que Xosé Ramón Gómez Besteiro vai estar na executiva… mellor dito, vai seguir, porque xa é membro dela. É unha das consecuencias de presidir unha deputación. Tamén é de supoñer que seguirá Ismael Rego, responsable do grupo parlamentario socialista.

A incógnita está en ver se no congreso deste fin de semana vai entrar alguén máis de Lugo na cúpula dos socialistas galegos. Falan de reforzar a presenza feminina. Terá algunha posibilidade por aí Lara Méndez, outra desas “políticas en ascenso” do PSOE?

Quen seguro que sabe todo isto é Luis Ángel Lago Lage, Lucho, secretario provincial do PSOE lugués. Pero está cociñando tanto estes días que non se pon ao teléfono: é responsable dun dos relatorios. Por certo, o seu cargo tamén podería estar a disposición de Pérez Touriño, que é quen nomea os secretarios provinciais, pero coido que por aí non vai haber novidades estes meses.

Algún día teño que empezar a promocionar a Lucho como director xeral: hai anos, dende a UXT saíra o rumor, benintencionado pero despistado, de que ían nomealo director xeral da Garda Civil; agora, é presidente da comisión de Interior do Senado. Tanta proximidade ás áreas de seguridade do Estado dá que pensar. Pero mellor non o promociono, que entón veriamolo menos por Lugo.

Tags: , , ,

20 Comentarios a “Vicesecretario?”

  1. eliberal

    Moita sorte a de Lara Méndez. Con esto da couta está a escalar enteiros dentro dun PSOE que amosa debilidade na canteira. Debera primarse a valía e, polo tanto, eliminar a unha política que non da a talla nos postos de maior responsabilidade

Comenta

*