Mellor as mulleres

Logo do Colexio XornalistasO Colexio de Xornalistas vén de elixir os seus novos delegados territoriais en Lugo. Como xa pasan dos cen afiliados, por primeira vez van ser dous. E serán dúas mulleres, Luisa Rodríguez e Lourdes Abuide, da Deputación e Onda Cero, respectivamente. É curioso comprobar a preeminencia feminina na delegación territorial de Lugo: todos os delegados elixidos dende a creación do colexio foron mulleres. E xa van tres eleccións. Esta é unha profesión moi feminizada, aínda que os que mandan sexan homes.

Tags:

Un comentario a “Mellor as mulleres”

  1. Paqui

    Se os que mandan son homes, entón non se entende que as delegadas sempre sexan mulleres. ¿Ou é que estas delegadas non pintan nada? Xa está ben de demagoxia feminista, home.

Comenta

*