A cita das 20.45

Presentación do 'Pazo das Musas' (Foto: Pepe Álvez)

Aínda ando abraiado polas audiencias dos penaltis do España-Italia: 15 millóns de espectadores significa que estaban vendo a tele un de cada tres españois, incluídos bebés, xente que estaba atendendo urxencias e, por suposto, xente que non ten tele, que se os descontamos a porcentaxe pode ser maior… Impresionante.

Así que este xoves, á vista do que podía pasar coa semifinal Rusia-España, todo o mundo modificou moitas cousas. Os actos que estaban para as oito aceleráronse todo o posible, aínda que deu igual perder a primeira parte, porque o baño dos de Luis Aragonés chegou na segunda. Si, ademais do atraso na emisión dos Tonechos, houbo outros cambios de programación, na tele e fóra da tele. Pero os que mellor o fixeron foron os do Museo Provincial de Lugo, que foron programar un novo número da revista oral Pazo das Musas coincidindo co partido. Así que enviaron o seguinte comunicado por correo electrónico.

 Tarxeta para a lectura de 'Pazo das Musas'

Un dez en orixinalidade para o gabinete de comunicación. E aínda foi xente, como ven na foto.

Tags: ,

Comenta

*