E non foi

Logotipo do PPAndabamos todos interesados en poñerlle cara a Pablo Xosé Flórez Rodríguez, ese estudante de Lugo que era o benxamín do congreso do PP, e resulta que non puido ir a Valencia. Un problema familiar impediullo. Unha mágoa.

E, por certo, o seu antagonista, é dicir, o militante máis veterano, tamén ten algo que ver con Lugo. Manuel Gasset Dorado é, segundo contan en internet, un vello amigo de Manuel Fraga. Con todo, a súa maior relación con Lugo está no Incio. Pertence á familia que lle dá nome ao colexio da vila, o Ricardo Gasset.

Tags: ,

Un comentario a “E non foi”

  1. Remo

    Ainsss….a ver cando podes buscar os nexos de Pepe Blanco con Palas. Dentro de pouco tes o congreso e podes inmiscuirte neles. Sorte…igual descobres que ten “sangue azul”

Comenta

*