É de Lugo
Que non, que María Xesús Pérez Carballo, a autora do retrato oficial de Cacharro, on é de Madrid, senón de Lugo, aínda que residente na capital do Reino. De feito, estes días hai obra súa nunha das exposicións temporais do Museo Provincial. E a última fotografía que temos dela no arquivo (esta que poño) é dunha exposición, precisamente, na sala da Deputación. Así que voume flaxelar, que onte mesmo lle puxen mal o segundo apelido: Carballo, non Castillo.
Tags: Cacharro