Contraprogramar
Ás veces pregúntome se PSOE e BNG dedícanse á contraprogramación. Eles dirán que non, que teñen tanta actividade de goberno que é normal que se solapen cousas. Pero esta semana detectei un par de exemplos curiosos. O luns, o día en que estaba anunciada a presentación do Plan Director de Estradas de Galicia por unha consellería do PSOE, unha do BNG anunciou a apertura do prazo para solicitar subvencións para a renovación dos tractores ou algo así, unha cousa que afecta a moitísima xente nesta Galicia tan rural. O mércores, día en que un goberno (central) do PSOE concedíalle o Urban a outro (local) do PSOE, un departamento do Bloque anunciaba un centro científico e o soterrado dunha liña de alta tensión.
Si, xa sei que son mal pensado.
Tags: Xunta