Apostila aos tempos cambiantes

Ten razón Cancións: na Deputación sempre houbo moito bloqueiro. O que pasa é que agora semella que estean desatados. Cando me falan do tema, sempre recordo a Arximiro Fernández Arias. Era o número dous da lista coa que o BNG se presentou ás eleccións municipais de maio de 1995 en Castroverde. Froito do pacto de goberno entre nacionalistas (catro) e socialistas (dous), Arximiro acabou de tenente de alcalde, ás ordes de Miguel Roberto Rodríguez, o último rexedor que tivo o BNG en Lugo antes de Severino Rodríguez de Monforte. Recordo que era o voceiro municipal do BNG e dáballe bastante estopa aos cinco do PP.

Pero ao ano, deixou o cargo e renunciou á corporación. Despois veu a moción de censura que lle deu o poder a Xosé María Fernández Arias, que hoxe aínda segue alí. Arximiro era (e é, creo) traballador da área económica da Deputación. E o rumor que correu daquela é que dende San Marcos chamárano a capítulo para que deixara o Concello. Nunca, por suposto, puidemos saber que había de certo.

Si, xa sei que parezo o Abuelo Cebolleta. Vou ter que abrir unha categoría histórica. 

E para que vexan o que cambian os tempos, unha foto dunha bandeira republicana na Deputación que levo un mes desexando poñer.

Bandeira republicana na Deputación (Foto: J. Vázquez)

Non se alarmen: eran os do grupo teatral Palimoco no acto cultural organizado co gallo do Día das Letras Galegas.

Tags: ,

4 Comentarios a “Apostila aos tempos cambiantes”

  1. Que ben se está na barreira

    O bo da liberdade de expresión é que cada un pode dicir o que quixer; ainda que toque de oido.
    O malo é que para tocar ben fai falla ensaiar, ainda que se teña talento; ou ter ética profesional e so tocar de verbena ou nos bares cos amigos, máis que nada para non andar mancando nos tímpanos dos demais con pezas a medias ou de pouco gusto.

  2. mar

    A verdade é que a actividade cultural que se levou a cabo na deputación de Lugo, foi moi interesante. Mágoa que chovese!

  3. o pelma de turno

    Ainda que a don Arximiro o houberan chamado a capítulo, cousa que penso non e certa, xamas se houbera dobregado ante naide, e un pura sangre, e, estes bichos non son fáciles de domesticar. Segue a dar caña a todo aquelo que non lle parece xusto . Ademais , e con isto no pretendo chamarlle pelma,(eu si que o son ) o seu discurso e apullante , non descansa , segue, segue e segue ata o noqueo total do contrario, que cando xa non pode mais fica kao sobre o ring e comprende que non ten nada que facer contra un contrincante que leva postas de fábrica alcalinas duracell. Se existeran dous coma el, a conversa non remataria nunca, enredarianse unha e outra vez, un dias tras outro, en calquera esquina,en calqueira beirarua,sin reparar siquera nas inclemencias meteorolóxicas. Eu persoalmente dexesolle o mellor, depois de padecer tanto machaque ,de ser expulsado da tesoureria para deixar o paso libre a unha señora con ansias de trepar, a cal no lle importa o mas minimp levarse por diante e pisar a cachola de todo aquel que se o poidese impedir, de soportar o acoso do xefe de formacion (ex xefe de recurso humanos) , pasar pola recadacion e polo museo, no cal me consta que era ben querido, e implicouse moito mais do que alguns pensan. Creo que este e o seu momento e que realizara, se lle deixan, unha gran labor no gabinete de asistencia aos concellos.Oxala todo lle vaia ben, o merece.

  4. Lugo

    Señor vaqueiro, como ben di o primeiro en escreber, vostede non ten nengunha credibilidade, polo tanto, antes de vomitar calumnias ou deixar dubidas no ar sen contrastar, informese. Como polemista, un dez, como periodista….. Non ten nin idea nin de quen é Arximiro, nin donde fica Castroverde. Só de oídas. E iso non di moito ó seu favor. Pregunte a quen o coñece. A el, e ó seu pobo. Antes de volver a mencionalo debería volver a nacer para estar á altura de ambos.

Comenta

*