Perrenchas

Vaia perrenchas agarraron os alcaldes de Vigo e Pontevedra polo reparto dos fondos do plan Urban. Xa saben: desta si que foi para Lugo (e para Santiago, Ferrol e A Coruña). Dende Vigo, Abel Caballero proclamou que a decisión é “inxusta” e anunciou que vai recorrer a exclusión da cidade. Dende Pontevedra, o goberno municipal asegurou que o reparto fíxose atendendo á cor política. A crítica vén do concelleiro de Ordenación do Territorio, César Mosquera, do BNG.

En Lugo non deberían estrañarnos estas queixas. Algo semellante pasou cando Pontevedra, precisamente, lle birlou a Lugo a proposta que presentara Xaquín García Díez. Daquela, curiosamente, todos eran da mesma cor: o Goberno central, o Concello de Lugo e o de Pontevedra (PP).

No segundo intento, Lugo presentara un proxecto para rehabilitar o pazo de Sangro e convertelo en parador. Tampouco houbo cartos, pero o bipartito local PSOE-BNG fixo menos ruído.

Tags:

Comenta

*