Terra Galega

Hai tempo que non escribo de Terra Galega, o cuarto partido en importancia de Lugo (e cunha posición superior nalgúns concellos da provincia). E iso que hai uns días cruceime no pazo de San Marcos, el saíndo e eu entrando, co seu único alcalde en Lugo, Antonio de Dios. Por algunha parte xa lin que os tegas están tendo contactos co Partido Galeguista, para estudar a posibilidade de facer unha candidatura conxunta nas vindeiras eleccións autonómicas. Pero para a cousa aínda hai tempo. O máis urxente para Terra Galega, polo menos en Lugo, é a organización do seu congreso provincial. Vai ser, por suposto, este verán, que parece que este ano tócalle congreso a todo o mundo.

Tags:

28 Comentarios a “Terra Galega”

  1. anxo

    Ogallá que consigan representación no parlamento galego, tanto Terra Galega coma o Partido Galeguista e Esquerda Unida, militantes deles traballade!

    Chamámoslle democracia a 3 partidos nunha camara un dos cales ten case o 50 por cento dos deputados?

Comenta

*