Sorpresas en Pol

Casa e web de PolO outro día, buscando información de varios concellos, descubrín ata onde chega a especulación inmobiliaria. Mesmo a Pol! E iso que parece un concello tranquilo e rural, en declive coma todas. Ocorréuseme clicar na galería fotográfica (invitan a iso na portada) e na sección de Arte e arquitectura atopeime esta curiosa foto ao final. Poño a foto e a web, porque seguro que a retiran un día destes. 

Muller na web de PolNon tendo coñecemento de que teñan algo así en Pol, pregúntome se será un proxecto (é de supoñer que urbanístico) de alguén.  

Tamén me pregunto quen será esa muller que sae na categoría Varios (1)

Que sorpresas dan algúns concellos!

(1) Supoño que será unha foto de proba de cando estaban facendo a web, pero poderían telo retirado… ou darlle máis calidade, no caso de que sexa unha veciña.

Tags:

2 Comentarios a “Sorpresas en Pol”

  1. Un veciño de pol

    A día de hoxe ainda saen esas fotos.
    Total, que importa se a conexión a internet nese concello é unha utopía.
    E así calquera de fora vaise levar unha grata sorpresa coas edificacións e coa beleza das paisaniñas.

  2. chuza.org

    Surpresas (urbanísticas) em Pol…

    Vítor Vaqueiro (http://tinyurl.com/6bqssd) explica no seu blogue da surpresa que lhe causou ver determinada fotografia sobre… um imóvel ou um projecto imobiliário? *C+C*: «O outro día, buscando información de varios concellos, descubrín ata on…

Comenta

*