Agora, a fronte rural

Despois da liorta co Quintana polo do consorcio de servizos sociais, da liorta coa Táboas polas Normas do Hábitat e dalgunha regueifa coa Bugallo, agora os alcaldes socialistas semella que queren abrir unha nova fronte con outro conselleiro do Bloque, neste caso Suárez Canal, o de Medio Rural, un dos poucos defendidos polos seus compañeiros socialistas do bipartito xunteiro. O motivo é a constitución dos grupos que van xestionar os novos Leader. En Lugo tivemos esta fin de semana unha destas regueifas, nos Ancares. Non é novidade, porque, hai anos, xa os alcaldes de Cervantes, As Nogais e Pedrafita plantaran a Andrés Precedo, que era o director xeral de Desenvolvemento Comarcal, cando fora a Becerreá a presentar o Leader 2. Daquela, fora unha cuestión seria, porque o segundo dos alcaldes, Xosé Luís Coedo, era o promotor do primeiro Leader. Ao final, arranxarase a cousa, pero aínda recordo aquela mañá fría en Becerreá (daquela, do PP; agora, do PSOE) cos representantes da Xunta de Fraga agardando inutilmente a que apareceran os tres rexedores socialistas.

Quizais a apertura desta nova fronte tamén teña algo que ver coa regueifa verbal entre Medio Rural e os gandeiros que asaltaron Leite Río o martes pasado. Despois de varias manifestacións unitarias, ás que non faltou o sindicato agrario nacionalista, nesta do Ceao só houbo un convocante, Unións Agrarias, de orientación socialista.

Realmente, isto da política éche mal asunto, como dicía o anterior alcalde de Becerreá.

Tags: ,

32 Comentarios a “Agora, a fronte rural”

  1. Luís Pérez

    Manda truco con estes alcaldes! Así que se opoñen a que o Leader funcione a partir das asociacións? Pois a experiencia da xestión dos alcaldes xa a tivemos co anterior e tamén con alcaldes socialistas (que os había en Cervantes, Pedrafita e Triacastesla): o Presidente, Coedo, cunha sentenza firme para que devolva cartos por unha piscina que fixo na súa casa e que aparecía como “pública”. Os outros dous na executiva, consinten e calan. Despois denuncias nos xulgados entre eles… Vamos, que calquera lles metería cartos nas mans! E agora como quen vai pagar é AGADER e non eles, pois collen un berrinche e coma os nenos, non queren comer! Pobriños!
    Ben por AGADER por confiar nas asociacións, por darnos capacidade de decisión! E a Martínez, lembrarlle que lle pida ao seu colega de partido Coedo que devolva os cartos!

  2. Petra

    Hora era que se produciran cambios na xestión dos Plans Leader. Antes, o control político que exercían os alcaldes e os partidos da súa cor era férreo. No Leader da montaña lucense houbo denuncias que a fiscalía nunca tivo un interese real en investigar. Nunca enviou técnicos que valoraran a obra pública que se fixera (ou a obra “buque insignia” privada da comarca feita polo presidente do Leaer D.O.A….) a pesar das irregularidades manifestas. Cousas da política e do control que ésta exerce sobre as personas. ¡Ai!, se falaran co soro da verdade Coedo, Serafín-canto medrou o rapaz-, Construccións Mon …e algúns máis. Pero, ninguén tivo interese en coñecer como se xestionaban os cartos públicos. Os fondos públicos, case que sempre, son xestionado por personas que ten “man rota” e así marchan as cousas.
    Naquel Leader, controlado absolutamente polos políticos do PSOE, e que agora andan á greña e de xulgados…, chegaron a crearse asociacións fisticias -formadas por empregados dalgún concello por instrucción do seu alcalde-xefe- para ter o control e a maioría nas votacións das escasas asambleas que a lei obrigaba. ¡Un desastre! Pero os desastres son menores cando as irregularidades tocan aos fondos públicos. Iso pensan moitos veciños e é o mundo que temos.
    Agora semella que o novo Plan Leader será máis participativo, máis aberto e menos político. ¡Noraboa! E ánimo para os que nel participen. E se os alcaldes protestan será porque ven como escapan do seu control todos eses cartos públicos que están a chegar. E o que teñen que facer e unirse ás asociacións, ás cooperativas,aos empresarios e aos entes da bisbarra para traballar con eles e xunto a eles. Todos xuntos poden xestionar estos Plans Leader que chegan para dinamizar lugares esquecidos.
    Os erros do pasado serven para aprender. Así que sres. alcaldes : menos mando,menos atrancos, menos berros e menos intento de control dos cartos públicos que son de todos…, e máis participación e colaboración en igualdade cos axentes sociais que loitan desinteresadamente por altruísmo na bisbara. E cando hai que escoller entre os que traballan recibindo un soldo -case que sempre grande e bó coma o dos alcaldes e cargos políticos-, e os que traballan con altruísmo…eu quedo con estes últimos.
    Máis nada. Un saudiño. E se o dito dá pruído debe ser porque é verdade. E verdade das boas.

  3. Lupe

    Canta razón tes Petra neses detalles que contas! Habería que preguntarlle a Martinez por que non conta onde está agora Serafín (xerente do Leader-xefe de gabinete de Ricardo Varela). Que fale el agora de “panda de amigos”. Pois as asociacións seremos unha panda de amigos, pero non temos nada que esconder. Por que ten tanto medo o Sr. Alcalde de Becerreá a que as asociacións teñan presencia e decisión? Nos anteriores mandaba Coedo (do PSOE por certo) e neste querían seguir polo mesmo camiño. Pois eu dígolle a AGader que siga adiante, que a xente das asociacións estamos aí.

  4. Espinete

    Diante da proposta na asamblea do AGADER en Becerrea, do presidente do LIDER-2 Alberto Carreras, de que continuara o LIDER ca mesma xente, deixando os Concellos de Leon.Faltoulle pouco a Dn Ramiro,cura que e de Cervantes,para botar un xuramento.Dios ivalle perdoar xá que entenderia
    que fora por todo o que os fixeron sufrir a El e a todas as asociacións da comarca,por a forma en que os alcaldes xestinaron tantos cartos, con nepotismo, chuleria e prepotencia, rindose de todos os quenón eran do seo cor político, e agora ven Martinez dicindo que El nón estaba allí.Que se preocupe de facer a piscina climatizada en Becerrea, para toda a comarca,proxecto que defendeu todos os annos que estuvo na oposición que foron moitos, e agora no governo, comprou un prado xabreiro para facela soio para o mes de Agosto.Que chame os seos amigos Alcaldes de a comarca e que o plantexen como un proxecto entre Eles e a Diputación

  5. e-liberal

    La Consellería de Vivienda trabaja poco. Nada está haciendo por faciltiar el acceso a una vivienda en propiedad. Pero si además con sus ocurrencias pretende ahora poner en marcha políticas que solo encarecerán las futuras ventas, apaga y vámonos. Los nacionalistas gestionan a base de impulsos, pare que, de alguna forma, inconscientes de las consecuencias de sus errados actos

  6. Excalibur

    Cando se empezará a pensar na xente mayor? seria necesaria unha
    residencia, os pequenos non teñen nigún parque para xogar agusto, e a piscina xa veremos os resultamos da piscina

Comenta

*