‘Funcionarización’

Ao final non quedou moi claro que pasou coa funcionarización que o anterior goberno da Deputación iniciou en plena campaña das pasadas eleccións municipais. No derradeiro pleno do cacharrismo, o PSOE pediu que se paralizara, para que a analizara a seguinte corporación. Agora, Melchor Roel vén de anunciar outro proceso de conversión de laborais en funcionarios. E os sindicatos, tan contentos agora coma antes.

Vou empezar a pensar que os traballadores da Deputación son tantos que os sucesivos gobernos procuran telos ben contentiños, porque unha folga ou unha mobilización de tanta xente pode ser unha cousa desaforada. Dende logo, son máis ca policías locais de Lugo.

Tags: ,

26 Comentarios a “‘Funcionarización’”

  1. alfonso

    O que me parece un escándalo é o de José Manuel Barreiro. Deberías investigar o que traballa esta xente que acumula e acumula cargos como churros.

    é responsable do PP na provincia, deputado provincia, concelleiro en Lugo, senador … ó final non vai ás reunións porque se lle acumula todo. O que tanto abarca… malo

  2. SEito

    A ver pra cando fan en LUGO , un MONUMENTO O FUNCIONARIO , oiu ¡

  3. eliberal

    Lo verdaderamente vergonzoso es que pueda continuar ejerciendo como Delegado de Personal de la Diputación de Lugo un señor, Roel, que tiene contra si una condena por acoso moral a un trabajador de su concello. Melchor Roel para más “inri” era sindicalista y ahora es el regidor municipal que más casos acumula de despido improcedente.

    En el PSOE deberían sonrojarse de vergüenza ante tamaños atropellos perpetrados por uno de los suyos.

  4. luis

    Animo Roel,estas a facelo bastante mellor que o teu anterior no cargo…

Comenta

*