Turismo

Interesante a presentación do plan turístico da Deputación. Debe de ser un dos poucos actos nos que coinciden (e falan) membros do PSOE e do BNG. Por certo, foi escasa a presenza de bloqueiros: dous deputados provinciais (un, unha neste caso, para presentalo) e ningún alcalde. Había máis do PP, entre os poucos rexedores que estaban presentes.

Presentación do plan turístico da Deputación

E unha curiosidade, que vén a conto da festividade do día. Nesta data, doume conta de que un cidadán de Lugo nunca tivo tantos gobernantes que celebraban a súa onomástica o 19 de marzo: o alcalde, o presidente da Deputación, o do Goberno central. Só falla Emilio (Pérez Touriño). E logo din que os nomes clásicos están a desaparecer dos rexistros civís!

E pecho esta bitácora por uns días. Volverei un pouco antes do aniversario da República, concretamente, o día de San Estanislao.

Comenta

*