Orzamentos

Van un pouco lentos os orzamentos da Deputación para este ano. En San Marcos aseguran que están xa practicamente listos para levar a pleno, e de feito Suplusa xa aprobou os seus, cousa que sempre ocorría antes da validación do orzamento xeral. Xa se anunciaron as partidas para o canon eléctrico, para o plan de obras e servizos, que cambiou de criterios, e para unha morea de cousas, pero das contas exactas pouco se sabe.

Algún xa está a comentar que é un problema de reparto de poder, entre as áreas do PSOE e as do BNG (disque Cultura vai ter máis cartos ca nunca) e mesmo dentro dos propios departamentos socialistas: levará Martínez máis do que lle correspondería en proporción? ”Vai por libre”, din as linguas viperinas.

Curiosamente, noutras épocas, Martínez e os seus, cando eran oposición, xa se tiñan queixado a estas alturas da demora na aprobación das contas.

Tags:

Comenta

*