Orzamentos
Hoxe tomou posesión como interventora da Deputación quen ocupaba este cargo no Concello de Lugo dende 1990, Rosa Abelleira. Polo tanto, xa está todo listo para que o novo equipo presente os seus primeiros orzamentos. A cousa non é tan doada, a xulgar polo que nos teñen anunciado dende que tomaron posesión. Hai que meter partidas para pagar o canon hidroeléctrico, para saldar débedas históricas, para os parques provinciais de bombeiros, a proposta de obras do antigo POL (creo que agora o chaman ‘Fondos Feder’ e vaino repartir a Xunta)… E, ademais, hai que contentar aos dous socios. Moitos cartos se van mover.
Hoxe, por certo, aprobáronse definitivamente os da Deputación da Coruña para este ano, despois de rexeitar a alegación duns funcionarios. Son 197 millóns de euros. A de Ourense anda polos 77,4 millóns. E a de Pontevedra baixounos a 145 millóns, un 2,33 por cento menos que no 2007, “como consecuencia da retirada do POL”. Interesante precedente.
Tags: función pública, orzamentos
16 de Xaneiro , 2008 - 0:00 am
Vaqueiro, só quería saber a túa opinión sobre unha posible regularización de emprego na Deputación de Lugo. Sei que hai os mesmos problemas en máis administracións pero… ¿ti cres que tras tanto socialismo debería primar a preocupación pola estabilidade dos propios traballadores da institución? A ver que fan…Esperemos que non pase come sempre: que non as acaben pagando os traballadores.Un saúdo.