Xogos

A min, que son unha persoa moi afeccionada a todo tipo de xogos, esa pretensión do BNG de promover a recuperación dos xogos tradicionais dende a Deputación paréceme moi ben. Expuxérono hai uns días nunha xuntanza con Xoán Xosé Molina, delegado provincial da Consellería de Cultura en Lugo. Na campaña electoral, o BNG local (ou sexa, a lista na que ía Antón Bao, vicepresidente primeiro da Deputación) propuxera facer un campionato ou unha liga interparroquial de xogos tradicionais: a billarda, os bolos, a ra… Que lindo! O da billarda non sería unha novidade, que xa hai unha liga oficial e todo. Velaquí a proba (non se perdan os comentarios deportivos).

Comenta

*