Selos (2)


CONTABA no último artigo que nin os selos de lacre nin os postais viven o seu mellor momento. É certo en liñas xerais, aínda que con matices. O lacre, por exemplo, segue a empregarse para usos moi curiosos: por exemplo, para invitacións de voda (outra cousa que non vive o seu mellor momento), e no ciberespazo é posible atopar utilizacións moi curiosas e modernas. Máis sorprendente é o dos selos. En tempos, poderían multarte e tratarte como un delincuente se fabricabas selos postais. Trátase dunha das competencias do Estado e, como ben recorda
Johnny Aysgarth (Cary Grant) ao comezo de
‘Sospecha’ (sir Alfred, 1941), constitúe en certo modo un medio de pagamento. Agora, en cambio, na web de Correos ofrécenche a posibilidade de
obter selos de curso legal a medida. Curioso é ver como estas reminiscencias do papel se manteñen na era dixital, e mesmo son a base de elementos habituais na vida electrónica. O selo de lacre é, por exemplo, o debuxo que se utiliza para algunhas etiquetas, como se lle dera un valor engadido. E os sobres (a superficie na que se pegan os selos postais) son a icona inconfundible do correo electrónico (véxanse os de Gmail e Outlook). Os bits leváronse por diante elementos de papelería (bolígrafos, plumas, selos, sobres…), pero a súa imaxe perdura nas novas tecnoloxías: é unha especie de desquite.
Tags: Internet, papelería
Esta entrada se publicó
el Luns, 26 de Xaneiro , 2015 a las 20:50 pm y está clasificada en Batalliñas e lembranzas, Xeral.
Puedes seguir las respuestas a través de el feed RSS 2.0.
Puedes dejar una respuesta, o trackback desde tu sitio.