
ESTES días quedei varado en ‘So long Marianne’, a canción que
Leonard Cohen lle dedicou a una moza norueguesa que tivo. Cancións dedicadas hai moitas: mesmo eu teño protagonizado algunha: “Para
Manolo e Ángel, dos seus pais, no día da súa primeira comuñón», dicían pola radio, e soaba
Juanito Valderrama (agora non se leva: o dos discos dedicados, digo, que o das comuñóns mesmo vai a máis). Cohen, que saca
disco este martes, escribiu outras composicións, igual de inmortais, para mulleres como unha tal Suzanne ou a dona dalgún amigo (‘I’m your man’). É doado caer na (romántica?) tentación de dedicarlle unha canción a alguén só porque o seu nome coincide co título. Hai anos estiven xuntando pezas para facer un cedé e regalarllo aos pais dunha nena chamada
Sara. É un nome que inspirou a moita xente:
El Último de la Fila, Fleetwood Mac, Bob Dylan… Na procura apareceu unha ‘Sara’ galega,
obra de ‘Los Suaves’, pero, obviamente, desboteina: conta a violación dunha menor polo seu pai. E é que mesmo os títulos que parecen inocentes dedicatorias agochan cousas tremendas ou inesperadas. Volvendo á balada que non saco da cabeza dende que lin unha reportaxe sobre
un libro centrado en Marianne Ihlen, a propia protagonista da canción di que ese xardín de lilas da terceira estrofa non se refire a ela, senón a outra muller. Xa digo: as lecturas literais non sempre son boa idea; velaí a graza da poesía.
Tags: De re varia, música, poesía
Esta entrada se publicó
el Venres, 26 de Setembro , 2014 a las 0:27 am y está clasificada en Batalliñas e lembranzas, Edición impresa, Xeral.
Puedes seguir las respuestas a través de el feed RSS 2.0.
Puedes dejar una respuesta, o trackback desde tu sitio.