Sexamos serios: ría

CASOS COMO o de Esperanza Aguirre atropelando a unha moto xa fan que mereza a pena Twitter, polos bos intres que nos fai pasar. Dicíao o xoves un compañeiro en Redacción. Pero o certo é que non fai falta irse á Gran Vía madrileña para troncharse. é máis: algúns estamos por pensar que os políticos españois han decidido facer o pallaso continuamente, quizais nun acto de servizo á nosa saúde mental, de canga baixa por mor da Crise que se foi (iso din) sen irse. Tamén é posible que esa mesma Crise sexa a que nos ten aos cidadáns co dente afiado, dispostos a sacarlle punta a todo.

SEGUE AQUÍ

Comenta

*