Que era iso de investir?
TRAS A presentación do proxecto de orzamentos do Concello de Lugo, xa coñecemos as previsións das administracións de maior entidade que incumben á provincia de Lugo. Ano tras ano, salvo algunha excepción, repítese esa progresión temporal: primeiro preséntaos a administración central; despois, a autonómica, máis tarde (fai menos dun mes) a provincial e, finalmente, o goberno do municipio máis poboado, o de Lugo. As catro son, tamén, as únicas que adoitan presentar o seu proxecto antes de que acabe o ano. Fóra destas catro institucións, o que leva é exactamente o contrario: presentar orzamentos case a ano vencido. As cousas, que conste, cambiaron nos últimos tempos, algo que tamén hai que agradecer en parte á Crise: como as economías municipais están tan depauperadas, faise máis necesario que nunca acudir ás subvencións de organismos superiores, que normalmente esixen para iso ter as contas ao día.
Tags: orzamentos, Septenario lugués