As semanas de Lucho
EN TEMPOS, unha semana como esta adoitaba conter unha rolda de prensa de Luís Ángel Lago Lage, na súa condición de senador socialista de Lugo. Facíaa para falar dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE), e en especial para enxalzar as partidas que o Goberno de Rodríguez Zapatero dedicaba a aspectos como as pensións. «Os xornalistas mirades sobre todo as obras, pero en provincias como Lugo son tan importantes ou máis outras cousas dos Presupostos, como as pensións», queixábase Lucho, como lle chamamos moitos.
Tags: orzamentos, Septenario lugués