Eternidades sen culpables

ALGUNHA VEZ amentei esa especie de maldición que leva a que as cousas en Lugo se eternicen. Referíame case sempre ás grandes obras (auditorio de Lugo, A-54, A-8…), pero, á vista das últimas noticias, o comentario tamén vale perfectamente para os plans urbanísticos (Lugo, Barreiros…), as ordenanzas ou leis calquera (os ‘gorrillas’ de Lugo, o decreto do galego…), dotacións varias (estradas en Friol, salas de Hemodinámica…) e, por suposto, a Xustiza. Hai razóns variadas para asegurar isto último, e basta con ler o que se publica. Este mes estase pechando a fase previa da operación Muralla, aquela que o fiscal Izaguirre desatou con tanto ruído hai nada menos que sete anos. O da «fase previa» quere dicir que ao tema aínda queda percorrido: vista oral, sentenza, novos recursos… A este paso, cumprirá os dez anos. E máis.

SEGUE AQUÍ

Tags:

Comenta

*