Deporte para sobreviventes

HAI MÁS ou menos un ano, Mariano Rajoy veu pedirlle, creo recordar que á selección española de fútbol, que gañase a Eurocopa para facer felices aos españois. Para algúns, os éxitos do seu equipo de toda a vida son unha vía de escape no medio desta tormenta que non cesa. Pero a tormenta tamén chegou ao deporte, e esta semana foi especialmente negra nese aspecto e deixou unas cantas vítimas. Tivémolas ruidosas, como o Atlético de Madrid de balonmán, un equipo de longo e importante historial (cando estaba en Cidade Real). Tamén houbo vítimas máis modestas, como a Caixa Segovia, un dos históricos do fútbol sala español. E non faltaron as vítimas locais, como o equipo de voleibol da Pinguela, que durante moito tempo foi a única referencia lucense nas categorías grandes do voleibol español. Os tres equipos botaron o peche esta semana, noticia que se cadra lles pasou inadvertida aos adictos ao fútbol, que é o deporte nacional.

SEGUE AQUÍ

Tags: ,

Comenta

*