Amor? Nostalxia? Internacional?

Todo o que se crea, sexa un fillo ou unha obra da mente (ía pór ‘artística’, pero sería un adxectivo presuntuoso de máis pola miña banda), remata por ter vida propia, que a meirande parte das veces non ten nada que ver co que pensaches. Pasoume hai un mes co artigo sobre Georges Moustaki. O mesmo martes en que o publiquei escoitei tres interpretacións diferentes:

—Un home que coñezo de vista comentoume que el estaba de acordo comigo en que non hai nada como a música dos 60 ou 70 (que el cantaba con moito gusto cando conducía, pareceume entender).

—No traballo, alguén preguntou se eu estaba namorado, porque escribía sobre o amor. A razón era a mención (na cuarta frase) de ‘Ne me quitte pas’, esa canción que fala de cousas tan románticas como o valor da choiva nos países onde nunca chove

—Outro compañeiro dixo que o artigo tiña que ir na sección de Internacional, porque escribía sobre o crecemento de Brasil (na penúltima frase).

E eu, que só quería escribir sobre que aos oídos españois cada día chegan menos músicas francesas (1)!

1. Son moi recomendables, por certo, os ‘queixiños’ (así chaman a eses microespazos monográficos) de Radio 5 sobre a música dos nosos veciños do norte.

Tags: ,

Comenta

*