Entre o entroido e a política

O PP galego iniciou este sábado na Coruña o seu ciclo de congresos provinciais, tras o rexional celebrado en Lugo hai case un mes. Mentres no resto das provincias esperaron a marzo (o 2, Lugo; o 16, Ourense; o 23, Pontevedra), aos da Coruña non lles preocupou facelo nuns días que, coa que está a caer, poderían dar pé a chanzas e outras manifestacións populares, desas que levaron, por exemplo, a cercar as Cortes cunha blindaxe antimanifestantes.

A pesar diso, o ocorrido cos populares coruñeses é case un símbolo e un resumo do que se pode esperar. Por exemplo, o congreso coruñés ha servido para ver como o partido pechou filas ao redor de Carlos Negreira, alcalde da Coruña. é o mesmo tipo de aclamación co que foi reelixido Núñez Feijóo no congreso autonómico e que, previsiblemente, repetirase con José Manuel Barreiro, Manuel Baltar e Rafael Louzán (por orde cronolóxica de congresos) o próximo mes. Nin hai candidaturas alternativas nin é previsible que haxa grandes disensións no interior destes grupos provinciais. É como dicir aquilo de que para que cambiar se as cousas van ben, aínda que algún podería recordar vellos proverbios, como o que invita a non facer mudanzas en tempos atribulados.

SEGUIR LENDO.

Comenta

*