Aclarando ese café na Praza Maior

Ao día seguinte de que J. Vázquez fixera esta foto, cruceime con Ramón Arias. Insistiu en aclarar que ese ben visible café que tomara con Mario Conde na Praza Maior era una simple xuntanza de vellos coñecidos: “Coñecémonos  dende que estivemos no consello da tele”, explicou este veterano da Deputación. E insistiu en que iso non significa que vaia figurar nalgunha candidatura de Sociedad Civil y Democracia, o partido do banqueiro de Tui.

—Estou moi cómodo fóra da política —dixo quen fose cabeza de lista do PP en Lugo nas eleccións municipais de 1999.

—Pero daríaslle algún nome, non? —dixen en referencia a unha posible candidatura do PSCD por Lugo o 21-O.

—Uns cantos, si —sorriu Ramón.

E xa ven que o meu compañeiro Xoán C. Vidal apunta este sábado un posible cabeza de lista: Julio Méndez Menéndez de Llano.

Tags: , ,

Comenta

*