Os lumes de cada ano

Non falla: todos os anos hai polo menos un incendio forestal devastador ou algún sitio sofre unha sucesión de lumes que os xornais converten na catástrofe do século. E un nunca sabe se iso ocorre porque eses lumes cada ano son peores ou se se debe á tradicional seca informativa que sufrimos nos medios informativos no verán. Cando eses incendios ocorren fóra de época, como o das fragas do Eume ou o de L’Empordá, é cando caemos na conta de que lumes houbo sempre pero agora son máis inquietantes: porque revelan a falta de previsión das autoridades, porque demostran que mesmo a España (supostamente) húmida está seca ou porque nos fan recordar que, por moito que fagamos, a natureza nunca está totalmente baixo o noso control. Claro que este ano xa está habendo un incendio igual de pavoroso que os forestais: o da prima de risco. A ver se hai sorte e cando volva das vacacións que empezo hoxe non hai que lamentar nada. Déixolles esta foto, feita entre Penarrubia e O Veral (Lugo), do ‘incendio’ menos perigoso que existe: o do horizonte cando atardece.

Tags: ,

Comenta

*