A escultura

Volvo á sorprendente foto de Xesús Ponte que publiquei este domingo sobre esa escultura de Iván Prieto que alguén puxo nun balcón da Praza Maior de Lugo, mirando cara ao concello. Non fun o primeiro en mirar cara arriba, sorprendido por esa estraña presenza entre dous maceteiros. E teño que dar grazas in extremis a Marta Veiga, a redactora máis friki da casa, que foi a que tivo a memoria suficiente para lembrar que ese humanoide con cabeza de cocho rosa xa saíra no xornal, como se ve nesta foto de Sebas Senande de hai case un ano:

É un curioso xeito de adornar un balcón, aínda que non sei se a obra aguantará a chuvia, cando volva.

Tags: ,

Comenta

*