Don José
PÍDEME o corpo que escriba algo sobre Saramago (sempre don José): cando foi o motivo inicial dunha conversa que derivou nunha relación sentimental; cando foi a razón dunha peregrinación por Portugal á busca de Mafra (alguén faloume dunha persoa que percorreu Lisboa seguindo o itinerario de Ricardo Reis) ou cando convertín ‘Memorial do convento’ na novela de benvida con que agasallo aos meus novos amigos. Xa digo: pídemo o corpo, pero por un lado non teño moi claro que á xente normal lle interesen as miñas inquietudes literarias (e menos nestes tempos futboleiros) e, por outra, preocúpame a frecuencia con que saco temas mortuorios nesta columna dos martes. Ás veces penso que vou camiño de ser como o meu avó materno, de quen provén a miña paixón pola lectura de xornais: el ás veces só miraba a información necrolóxica. Outras veces, penso que é cousa da idade; a partir de certo número de anos, un xa empeza a mirar cara a morte: non é que penses que vas morrer mañá, pero si faste á idea de que algún día terás que empezar a perderlle o medo á Parca. O fodido é o que me dicía unha compañeira: o chungo é cando, en lugar de acudir aos funerais dos familiares dos teus amigos, comezas a asistir aos dos teus amigos. Aí si que vas vello.
22 de Xuño , 2010 - 20:08 pm
…pero sempre hai quen pensa que a vida hai que vivila coma o
título desta canción:
http://www.youtube.com/watch?v=RwCf8pivoTg
28 de Xuño , 2010 - 8:27 am
…Houbo unha vez un amigo que me regalou ‘Memorial del Convento’ e foi como se me agasallara unha máquina para voar…
O mellor que se pode facer con don José é regalalo, porque non regalas un libro, senón un mundo novo.
moitas grazas a Saramago e a Vaqueiro
Isa.