Compostela, non; Caravaca, si
Agora que xa empezo a habituarme a escribir 2010 (algo que aos xornalistas nos fai estar moi pendentes en cada comezo de ano), recordo que este debe de ser o primeiro Ano Santo compostelán (agora chamado Xacobeo) do que vexo a apertura da porta santa en directo, pola tele. Por alí había un grupiño de lugueses da política, e tamén dous da relixión, os bispos de Lugo e Mondoñedo-Ferrol. A quen non vin foi ao lugués que máis manda na Igrexa, o cardeal Rouco Varela, arcebispo de Madrid-Alcalá. Atopeino días despois nun informativo da tele sen anuncios, inaugurando o ano santo de Caravaca de la Cruz, en Murcia. Este último é cada sete anos; o próximo xacobeo, dentro de once.
Curiosamente, Rouco si que estivo por Galicia no cambio de ano: o día 2, sen ir máis lonxe, oficiou unha misa en Vilalba. Será que as obrigas do cargo retíñano en Madrid o día 31.
Tags: relixión, Rouco Varela
27 de Xaneiro , 2010 - 4:04 am
Si se hubiera presentado, un oportunista que viene a chupar cámara y quedar bien…
Como no vino, pues también me cabreo que mira tú que cabroncete…
Aquí el caso, por lo que se ve, es coger por banda a alguien y zurrarle la badana sí o sí…