O ano pero non o día

Unha curiosidade festiva para rematar o ano: sabido é que en Lugo os políticos case comparten días de aniversario. Por exemplo, Xosé López Orozco, Joaquín García Díez e Xosé Manuel Barreiro cumpren anos, por esta orde, en días sucesivos: 15, 16 e 18 de setembro, respectivamente. E o actual presidente da Deputación (nado o 15 de novembro) e o seu predecesor (o 16), outro tanto.

Pero hai un do que as súas biografías oficiais (polo menos nas dúas que se poden atopar en internet) poñen o ano en que nacue, o seu estado civil, o número de fillos… pero non o día exacto en que cumpre anos. E o curioso é que non ten problemas en celebrar o aniversario.

Que cousas pasan!

Ah: e feliz fin de ano.

Tags:

Comenta

*