O decreto, hoxe?
Cóntanme que alguén da Xunta apuntou a posibilidade de presentar o decreto sobre a lingua no ensino este domingo 27 de decembro. É bo día, tendo en conta que a fin de ano hai poucas noticias. Pero logo decatáronse de que a noticia tería que saír entón na prensa escrita o 28, día dos Santos Inocentes, e igual máis de un pensaba que aquilo era unha inocentada (algo semellante pasou cando houbo que escoller día para que o Rei asinara a Constitución do 78).
Así que a cousa segue estando sen data, aínda que Núñez Feijóo anunciou que pretende presentar o texto antes de que remate o ano. Ou sexa, na semana que empeza este día dos Inocentes.
Tags: lingua
28 de Decembro , 2009 - 5:15 am
Se presentará el 30 de Diciembre por que en los periódicos no se trabaja el 31.